Accións de Internacionalización dos Áridos de Galicia.Proxecto cofinanciado polo Igape, Unión Europea e Fondos Europeos.
ACCIÓNS DE INTERNACIONALIZACIÓN DOS ÁRIDOS DE GALICIA. PROXECTO COFINANCIADO POR IGAPE, XUNTA DE GALICIA E FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL DO PROGRAMA OPERATIVO 2014-2020
Programa Re-Acciona TIC: Servizos de asitencia, diagnóstico e implantación de solucións Industria 4.0
25 ANOS DEFENDENDO AO SECTOR DOS ÁRIDOS
Arigal constituiuse en 1999 para defender os intereses xerais das empresas galegas adicadas á extracción, transformación industrial e comercialización de áridos. Na actualidade, conta con 48 empresas asociadas e 26 adheridas -procedentes de sectores auxiliares-, que xeran en conxunto 3.600 postos de traballo e alcanzan cifras de negocio superiores aos 37 millóns de euros anuais.
Estas magnitudes, xunto co esforzo realizado para modernizarse e ser máis competitiva, converteron á industria dos áridos nun sector estratéxico para a economía de Galicia. A innovación nos procesos industriais, a formación dos profesionais do sector, a mellora da saúde e seguridade laboral e a responsabilidade co medio ambiente son algúns dos principais retos que afrontan os asociados de Arigal neste primeiro cuarto de século.
Cifra de empresas que integran Arigal, entre asociadas e adheridas
Cifra de negocio global (en millóns de euros) das empresas asociadas.
Servizos para os nosos asociados
Representatividade
Formación
Información
Promoción
Xestión
Asesoría
Innovación
Comunicación
Coñece a nosa aplicación ATRAZEX
Unha solución tecnolóxica promovida por Arigal para reforzar o control e a seguridade na xestión dos explosivos
Caso de éxito
VIDEO PROMOCIONAL
Unha alternativa propia en resposta á insuficiente oferta de sistemas de xestións existentes no mercado
A comezos de 2014, as canteiras atopáronse co problema de ter que controlar a trazabilidade dos explosivos sen que o mercado proporcionase ningún sistema de xestión suficientemente eficaz e cun prezo asequible
Implementación en canteiras piloto de Galicia e Cataluña desde marzo de 2015
A aplicación tecnolóxica promovida por Arigal desenvolveuse nun prazo récord e comezou a ser implantada no primeiro trimestre de 2015 tras diversas probas de campo e xornadas formativas
Unha solución utilizada por máis de 430 canteiras de 17 comunidades autónomas
Na actualidade, Atrazex é unha aplicación totalmente consolidada no sector dos áridos en Galicia e segue a extenderse no resto de España, onde alcanza xa as 430 empresas usuarias
NOVAS RECENTES
ARIGAL NOS MEDIOS
- ARIGAL, EN EL ECONOMÍAENGALICIA.COM: "El sector de los áridos y las empreas de la construcción lucenses aúnan esfuerzos"
- ARIGAL, EN EL CORREO GALLEGO "Firme aposta para a mellora ambiental no sector dos áridos"
- ARIGAL, EN LA VOZ DE GALICIA: "Los trabajadores de la cantera Lista se forman en el manejo de disfibriladores"
O QUE DIN DE ARIGAL
Como organización sectorial, Arigal comeza a ser un referente para as empresas na utilización do galego nas súas distintas ferramentas de comunicación, que é un dos obxectivos que perseguimos co Plan de Dinamización da Lingua Galega no Tecido Económico 2015-2020